19/8/09

DIA DO MAR



Burela celebrará o vindeiro 22 de agosto o Día do mar. A praia de O Portelo será o escenario de diversas actividades gratuítas como esquí acuático, surf ou xogos de auga.

A concelleira de Mar, Remedios López explicou que “en colaboración coa empresa Hola!Ola realizaranse actividades acuáticas gratuítas na praia de O Portelo para fomentar estes deportes pouco usuais nas nosas praias, aínda que estas sexan aptas para eles”.
Remedios López explicou que “as actividades serán en horario de 12.00 horas a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 horas a 19.00 horas pola tarde e constan de esquí acuático, inchables, donus acuáticos, padel, surf e outros xogos como pode ser o baloncesto. Dicir que os participantes teñen que ser maiores de 6 anos e sen límite de idade, e que o único requisito que esiximos é que se saiba nadar. Con todo isto o que pretendemos é fomentar un turismo de calidade que utilice o mar como ocio e goce das súas vacacións”.

5/8/09

CAMPIONATO GALEGO DE MOTOS ACUATICAS EN BURELA



O Concello de Burela, a través da Delegación de Mar, está a organizar a terceira proba do Campionato Galego de Motos Acuáticas que se celebrará o vindeiro sábado 8 de agosto na praia do Portelo.

Remedios López , edil de Mar, lembra que “éste é o segundo ano consecutivo que se organiza a proba que tivo unha gran expectación e aceptación na edición anterior. Cerrarase a praia ao público por motivos de seguridade e durante todo o día haberá probas e exhibicións”.
O campionato comezará as 17 horas con varias mangas na modalidade motos de auga Maxi e motos de auga Jet SKI nas que participarán de 25 a 30 deportistas. A concelleira socialista convida “a todo o mundo a que se acerque ata a praia do Portelo para gozar deste espectáculo gratuíto, deste importante evento deportivo”.

14/5/09

NOVA SECRETARIA XERAL DAS XSG

O pasado sábado día 9 de Marzo a compañeira María Torres Pose foi elexida no XIII Congreso das XSG nova secretaria xeral. María pertencía a anterior executiva onde ocupaba a Secretaría de Formación, onde desenvolveu unha labor máis que notable.
Unicamente a Candidatura de María Torres Pose cumpriu cos requisitos necesarios e logrou 78 avais dos 97 posibles.
Dende as XSG de Burela felicitámola e desexamolle que continue coa boa labor desenrolada pola anterior Secretaria Xeral, Loli Rodríguez Amoroso, a cal se despide da súa militancia nas XSG marcada polo seu traballo e tesón, sempre en defensa desta organización e un espello no que mirarnos os militantes das XSG.
Moitas gracias Loli e moita sorte María, merecedelo as dúas e que sepades que dende Burela sempre contaredes co noso apoio.
Na xornada dominical elexiuse a nova Executiva Galega, que quedou composta polas seguintes persoas:

-Tamara Canosa Ferrío: Secretaria de Organización

-Xulio Castela Martinez: Vicesecretario Xeral

-Antonio Sánchez Espantoso: Vicesecretario Xeral

-Ignacio Filgueiras Martínez: Secretario de Política Municipal

-Patricia Rodríguez Calviño: Secretaria de Medio Ambiente e Igualdade

-Pablo López Rodríguez: Secretario de Medio Rural e emprego

-Ramón Bouzas Castaño: Secretario de Cultura e Deporte

-Pablo Otero Otero: Secretario de Educación

-Isaac López Rey: Secretaria de Emancipación

Como Vocais:

-Jesús Basanta Toxo

-José Angel Santoro Estévez

-Adriana Viz Fernández

-Paula Vázquez Núñez

-Amadeo Cuíñas

-Aida Loira Fontela

Agora podedes ver a entrevista realizada á nova Secretaria Xeral na tv do PSdeG-Psoe:

http://www.youtube.com/watch?v=JV9OQRDDpjg

14/4/09

Manifesto 78º aniversario da II República.

Fai 78 anos materializáronse as esperanzas de millóns de demócratas que xamais puideran saberse donos e señores dos seus designios políticos cando o 14 de abril de 1931 España di si ó progreso e a democracia coa proclamación da II República.

A vitoria dos republicanos nas eleccións municipais celebradas dous días antes, fai comprender a Alfonso XIII que o pobo xa non quere ser reinado, abocándoo o exilio e permitindo que a II República Española se presentara como unha realidade allea a toda imposición violenta. A Comunidade Internacional admirou a lección de civismo dos/as españois, que lograban instaurar a democracia co exercicio do voto.

Dende ese momento e ata o estoupido da Guerra Civil xa non houbo pobo deste ou doutro rei, senón cidadáns. Xa non houbo máis príncipes nin princesas e si un único soberano: o pobo.

O aniversario da II República é o anual recordatorio dos nosos inescusables referentes ideolóxicos, a clave de bóveda que soporta a construción histórica do noso ideario político.

As nosas reivindicacións nunca se escoitaron tan alto como na cita electoral do ano 36. Os que coa súa dedicación comezaron o camiño da transformación dunha España obsoleta e case estamental son e serán sempre os nosos referentes más enérxicos, o paradigma da entrega e a loita pola igualdade.

A nosa organización é a testemuña de que os valores que sustentaron esta etapa preclara da nosa historia seguen latentes na sociedade. A xustiza, a liberdade, a igualdade, a fraternidade entre os pobos... son principios que impregnan o ideario político dos e das cidadáns de esquerdas, e pretender desvincular a consecución material dos mesmos do ínterim 1931-1936 é desnaturalizar as nosas reivindicacións.

No ano 1931 emprendéronse reformas que puideron converter a España en referente do progreso mundial se a vontade dos e das cidadáns nas eleccións do ano 36 non fose secuestrada e enreixada durante case corenta anos. Pero as XSG sabemos que a sociedade xa non está cega, xorda e muda, sabemos que defender os valores que sustentaron as reformas emprendidas por Azaña é defender a igualdade entre homes e mulleres, a separación entre Igrexa e Estado, a solidariedade e a pluralidade.

Por todo isto enaltecemos este acontecemento histórico como o temperán produto da dignidade democrática dos e das cidadáns, como o resultado da necesidade de progreso e xustiza.

Xuventudes Socialistas de Galicia entende que a igualdade debe facerse extensiva ata reflectirse sobre a máis alta representación do Estado, pois o noso espírito bebe dos ideais que espertaron do seu letargo ós cidadáns españois que ese 12 de abril acudiron en masa (cunha participación do 70%) a decidir sobre o seu presente, a decidir República.

Como xóvenes albergamos a esperanza de amencer nun futuro realmente xusto, no que non caiba ningunha discriminación, e igual que o 12 de abril de 1931 acudiremos ás furnas alá onde a solidariedade, a igualdade, a xustiza e o progreso precisen de nós.

Saúde e república!



Romance do 16 de febreiro. Anónimo.


Foi no ano trinta e nove,

foi no primeiro de abril,
cando a barbarie franquista
entrou ladrando en Madrid.

Ladrando contra as bandeiras
do dezaseis de febreiro
e ouveando polas calles
os seus instintos máis negros;

burlándose da República
e, con fero fanatismo,
pregoando que xa nunca
habería Socialismo.

Pero na España de Franco,
sempre ó fascismo proclive,
aínda hai xentes entre os nosos
que, pese os tempos terribles,
non perden as esperanzas,
e hai unha voz que lles di:
"Sodes soldados vencidos
dun Exército invencible"

10/4/09

Conmemoración do Día da Saúde.


A Delegación de Sanidade do Concello de Burela, da cal é titular a nosa compañeira Sonia Fraga Seara, informa que o, día 7 de Abril celebrouse na plaza do Concello do municipio unha clase de missed class para conmemorar o Día Mundial da Saúde. A concelleira, Sonia Fraga, sinala que “esta actividade, pioneira na comarca, tivo gran afluencia entre todas as idades, con máis de 50 participantes. A actividade foi impartida por Belinda Canoura, monitora de actividades físicas, na que se mesturou música con exercicio físico durante dúas horas. Ao finalizar a actividade convidóuse a tódolos asistentes a unha merenda saudable con zumos e pinchos variados. Esta é unha actividade máis que realiza o Departamento de Sanidade do Concello de Burela”. Dende a Delegación de Sanidade, agradéceselle a Belinda Canoura (monitora da actividade) a colaboración realizada para o desenvolvemento da mesma, así como a todos os asistentes, ademáis de animalos a participar en actividades que se poidan desenrolar nun futuro.Ademáis próximamente iniciaránse talleres de nutrición e saúde dirixidos aos nenos e ás nenas dos centros primarios do municipio, e seguirase coas charlas de prevención da saúde, xa iniciadas no mes de xaneiro.



Nova Executiva das XSG de Burela.

O pasado mércores 8 de Abril en asamblea ordinaria, a Agrupación Local das XSG de Burela remodelaron a súa Executiva. Os membros apenas varían pero si que trocan as áreas de cada un.
A nova executiva está formada por:

Secretario Xeral : Pablo Yáñez Ramil.

Secretaria de Organización e Formación e emprego: Marta Amenedo Castiñeiras.

Secretario de Cultura: David Freije Coto.

Secretaria de Política Social e Comunicación : Vanesa García Cayón.

Secretario de Deportes e Medioambiente: Alberto Méndez Suárez.

Secretaria de Sanidade e Asuntos Sociais:Sonia Fraga Seara.

Vocais: Sandra Barcia González, Francisco Echevarría Rubiños.